Se xa sabes coser e queres mellorar as túas destrezas e coser en compañía dun grupo, se terminaches o curso de iniciación e queres seguir aprendendo este é o teu curso. Ampliación do curso de iniciación onde desenvolveremos proxectos máis avanzados tanto a nivel de técnicas como de patronaxe, inclúe un trimestre especial de tecidos elásticos.

SEGUNDO CURSO:

GRUPO INTERMEDIO 2 ( MARTES ):

PRIMER TRIMESTRE (Outubro, novembro e decembro. 6 sesión de 3,5 horas cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

1ª sesión: Iniciación a costura de tecidos elásticos: tipos de tecido ( licra, jersey), adaptacións na máquina para coselos. Proxecto cinta para o cabelo

2ª sesión: Proxecto camiseta de tirantes / Proxecto legin

3ª sesión: Técnicas: puños, pescozos e remates en tecidos elásticos

4ª sesión: Clase teórico-práctica: patronaxe de mangas. Tipos de mangas. Manga ranglan

5ª sesión:  Proxecto sudadoiro manga ranglan

6ª sesión: Proxecto sudadoiro manga ranglan  + proxecto persoal con tecido de punto 8

2º TRIMESTRE ( Xaneiro, febreiro, marzo. 6 sesións de 3,5 horas cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

7ª sesión: Clase Teórica Patronaxe: manga base e manga ranglan

8ª sesión: Proxecto: complemento riñonera

9ª sesión: Clase teórica práctica: Glasilla manga + complemento riñonera

10ª sesión: Clase reciclaxe téxtil e estampación

11ª sesión: Proxecto Montaxe manga: camiseta, vestido, sudadoiro, chaqueta

12ª sesión: Proxecto Montaxe manga: camiseta, vestido, sudadoiro, chaqueta

3º TRIMESTRE (Abril, maio e xuño): 6 sesións de 3,5 horas cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

13ª sesión:  Clase teórica Patronaxe: pantalón
14ª sesión:  Clase teórica Patronaxe: Traslado de pinzas. Costadillos
15ª sesión: Proxecto bolso
16ª sesión: Proxecto bolso/ Clase técnicas volantes, frunces, lorzas
17ª sesión : Presentación Proxecto Persoal + execución 1
18ª sesión: Proxecto persoal execución 2

GRUPO INTERMEDIO 1 (VENRES):

1ª TRIMESTRE (Outubro, novembro, decembro. 6 sesións de 3,5 horas
cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

1ª sesión: Clase Teórica Patronaxe: saia base

2ª sesión: Clase teórico-práctica. Modificacións Saia (evasé, cintura baixa)
Base e coser Glasilla (practicar pinzas e ver se o patrón precisa
modificacións)

3ª sesión: Clase técnicas: cremalleiras

4ª sesión: Proxecto saia base (escoller tipo de cremalleira e facer vistas)

5ª sesión: Mochila I (asa regulable, forrada, cremalleira, peto escondido)

6ª sesión: Mochila II

2º TRIMESTRE (Xaneiro, febrero, marzo): 6 sesións de 3,5 hs cada
unha. Total de 21 horas. 135 euros)

7ª sesión:  Clase teórica: Patronaxe corpo base
8ª sesión:  Clase teórico-práctica: Glasilla corpo base e modificacións de
patrón (escotes, ignorar pinzas, facer máis ancho, manga semipegada)
9ª sesión: Proxecto vestido/blusa
10ª sesión: Técnicas peches + rematar blusa
11ª sesión: Presentación Proxecto Persoal + execución 1
12ª sesión: Proxecto persoal execución 2

3º TRIMESTRE (Abril, maio, xuño): 6 sesións de 3,5 hs cada
unha. Total de 21 horas. 135 euros)

13ª sesión: Iniciación a costura de tecidos elásticos: tipos de tecido (licra,
jersey), adaptacións na máquina para coselos. Proxecto cinta para o cabelo

14ª sesión: Proxecto camiseta de tirantes / Proxecto legin

15ª sesión: Técnicas: puños, pescozos e remates en tecidos elásticos

16ª sesión: Clase teórico-práctica: patronaxe de mangas. Tipos de mangas.
Manga ranglan

17ª sesión:  Proxecto sudadoiro manga ranglan

18ª sesión : Proxecto sudadoiro manga ranglan +proxecto persoal con tecido de punto

*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*

DIRIXIDO A:  maiores de 18 anos que teñan coñecementos previos ou realizaran o curso de iniciación.

DURACIÓN E HORARIO:

Grupo INTERMEDIO 2:

Primeiro trimestre: MARTES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 18 e 25 de outubro, 22 e 29 de novembro, 13 e 20 de decembro

Segundo trimestre: MARTES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 10 e 24 xaneiro, 7 e 14 de outubro, 7 e 14 de marzo

Terceiro trimestre : MARTES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 11 de abril, 9, 23 e 30 * (posibilidade de cambio) de maio, 6 e 20 de xuño

Grupo INTERMEDIO 1:

Primeiro: VENRES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 7 e 28 de outubro, 25 de novembro, 2,16 e 23 de decembro

Segundo trimestre: VENRES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 13 e 20 de xaneiro, 10 e 24 de febreiro, 3 e 10 de marzo

Terceiro trimestre: VENRES de 16:15 a 20:00 horas. Datas: 14 e 21 abril, 5 e126 de maio, 9 e 16 de xuño.

TITORÍAS 27 de outubro,15 de decembro, 15 de febreiro, 9 de marzo, 31 de maio e 14 de xuño

2 sesións ao mes de 3,5 horas cada unha. 6 sesións ao trimestre, un total curso anual 18 sesións. Inclúe unha sesión de titoría cada trimestre, temario por escrito, vídeos explicativos e un grupo de WhatsApp para dúbidas.

Máximo 6 persoas por grupo.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.

APORTACIÓN: Pago fraccionado 50 euros ao mes/ Pago único con desconto 135 euros ao trimestre ( 35 euros para reserva de praza e 100 euros pago en outubro)

AVALIACIÓN: coa asistencia de mínimo o 80% das horas lectivas e a presentación dos exercicios de técnicas, fichas de costura e proxectos.

IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.

Medidas de prevención: Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando: Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.

Inscríbete no seguinte formulario

Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta

Inscríbete no seguinte formulario indicando grupo (martes ou venres)