horta escolar ecolóxica é un recurso educativo cada vez máis necesario no ámbito académico en Galicia. Debemos entendelo coma un espazo dentro do centro educativo onde se vai a abordar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades do alumnado. O gran número de recursos didácticos que permite o traballo ao aire libre, ver como crecen as plantas con axuda da nosa implicación, son razóns máis que suficientes para que nos animemos a incorporar unha horta na escola. Na ETL Xaruma ofertamos esta oportunidade con este curso:

CURSO DE MONITOR/A DE HORTA ESCOLAR

(25 horas). Formación teórica-práctica.

Contidos:

BLOQUE 1: A HORTA ECOLÓXICA ESCOLAR, A EDUCACIÓN AMBIENTAL E A ESCOLA.

  • Por que facer unha horta escolar?
  • Que ten que ver a educación ambiental coa horta escolar?
  • Beneficios da horta escolar.
  • Obxectivos da horta escolar nas distintas etapas escolares.

BLOQUE 2A HORTA ESCOLAR NO APOIO AOS CONTIDOS DO CURRÍCULO.

  • Linguas e literatura.
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.
  • Educación plástica.
  • Informática.
  • Matemáticas.
  • Educación física.
  • Educación artística.
  • Valores sociais e cívicos.

BLOQUE 3: ACTIVIDADES DA HORTA ESCOLAR.

  • Deseño da horta.
  • Preparación do terreo.
  • Analizar o chan.
  • Clima.
  • Ferramentas da horta.
  • A rega.
  • Abonado, compostaxe e lombricompostaxe.
  • Acolchados.
  • Protección de cultivos.
  • Planificación e calendario da horta.
  • Rotacións e asociacións.
  • A reprodución das plantas.
  • Semente e plantación.
  • As hortalizas.
  • Prevención de pragas e enfermidades.
  • Elaboración de tratamentos naturais.
  • Elaboración de fichas de cultivo.
  • Recolección.
  • Mantemento da horta.
  • As plantas aromáticas da horta.
  • As árbores froiteiras.
  • A fauna da horta.
  • Flora espontánea da horta.
  • Creación de banco de sementes.
  • Taller de cociña coas hortalizas.
  • Taller de cosmética con plantas medicinais.
  • Mercadiño de troco.

BLOQUE 4: PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN

  • Por que programar? Tipos de programación: Proxectos.
  • Por que avaliar? Que avaliamos? Proceso de aprendizaxe do/a alumno/a e do proxecto.
  • Cando avaliaremos? Antes, durante, despois.
  • Quen avalía? O equipo docente e as persoas participantes.
  • Indicadores de resultados, indicadores de éxito e fracaso.

BLOQUE 5: CREACIÓN DO PROXECTO DE HORTA ESCOLAR.  

* Este curso está apoiado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo. GIEEAH.

DURACIÓN DO CURSO: 25 horas.

HORARIO:  25, 26, 27, 28 e 31 de outubro do 2022 de 16:00 ás 21:00 horas.

LUGAR: Local Xaruma. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: os materiais do curso están incluídos.

APORTACIÓN: persoas socias 65€ e tarifa ordinaria 75€.


Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e, nos vindeiros días, recibirás un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir: