Sempre pensaches en darlle uso a esa máquina de coser que tes sen usar na casa? Tes curiosidade polo mundo da costura pero non tes tempo de facer un curso longo? Queres facer as túas propias prendas e proxectos téxtiles? Este é o teu curso. Partindo dun grupo sen coñecementos previos, as persoas participantes adquirirán destreza coa máquina de coser, coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura, difentes tipo de tecidos e realizarán en cada unha das sesión un pequeno proxecto para levarse a casa.

  • 1ª sesión: uso da máquina de coser, materiais para costura, tipos de tecidos. Práctica coa máquina. Proxecto de funda de coxín.
  • 2ª sesión: Poñer cremalleras, velcro, corchetes e entretea. Proxecto de neceser e carteiriña.
  • 3ª sesión: Uso da remalladora. Proxecto de mochila saco.
  • 4ª sesión: Costura de ropa básica. Proxecto de saia con goma.

DIRIXIDO A:  Maiores de 18 anos

DURACIÓN E HORARIO: 3, 5 horas por sesión. Total de 14 horas. Grupos de máximo 6 persoas

  • Grupo 1: Martes 21, 28 de setembro e 5 e 19 outubro 16:30 a 20 hs
  • Grupo 2: Mércores 8,15, 22 e 29 de setembro de 16:30 a 20 hs
  • Grupo 3: Xoves 23, 30 de setembro e 7 e 14 outubro de 10 a 13:30 hs
  • Grupo 4: Xoves 9,16, 24 e 30 de setembro de 16:30 a 20 hs

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Todos os materiais incluídos (agás na 4ª sesión ). En cada sesión levas unha peza feita por ti. Debes traer a túa propia máquina de coser (se non dispós de máquina, escribe en comentarios e vemos se pode haber unha solución).

APORTACIÓN*: 55 eu con compromiso de continuidade/ 70 eu sen continuidade

O compromiso de continuidade será a inscrición no curso anual de costura que levaremos a cabo de outubro a xuño, aínda que a continuidade esixida para adherirse ao desconto será trimestral. Isto é, poderás disfrutar do desconto se te inscribes ao curso anual de outubro a decembro como mínimo. Podes consultar no apartado web do curso de costura os horarios e a materia a impartir. Seguindo esta opción, o pago trimestral sería de 190 euros [ 135 euros (correspondente a 3 meses, 6 sesións) + 55 euros (curso introductorio)]

IMPARTIDO por Alba Gómez, artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia

Medidas de prevención da COVID:

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

  • Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
  • O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
  • Espazo amplo e ben ventilado. Visita as nosas instalacións.
  • Uso de máscara e xel hidroalcólico.

Incríbete no seguinte formulario e indicando grupo

    *Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta