Sempre pensaches en darlle uso a esa máquina de coser que tes sen usar na casa,tes curiosidade polo mundo da costura pero non tes tempo de facer un curso longo, queres facer as túas propias prendas e proxectos téxtiles este é o teu curso .Partindo dun grupo sen coñecementos previos, as persoas participantes adquirirán destreza coas máquina de coser, coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura, difentes tipo de tecidos e realizarán en cada unha das sesión un pequeno proxecto para levarse a casa.
- 1ª sesión: uso da máquina de coser, materiais para costura, tipos de tecidos. Práctica coa máquina. Proxecto de funda de coxín
- 2ª sesión: Poñer cremalleras, velcro, corchetes e entretea. Proxecto de neceser e carteiriña
- 3ª sesión: Uso da remalladora. Proxecto de mochila saco
- 4ª sesión: Costura de ropa básica. Proxecto de saia con goma
DIRIXIDO A: Maiores de 18 anos
DURACIÓN E HORARIO :4 horas por sesión. Total de 16 horas.
- GRUPO A: Xoves de 16:00 a 20:00 hs. Días 27 de Maio e 3, 10 e 17 de Xuño
- GRUPO B: Sábados de 10:00- 14:00 hs. Días 29 de Maio e 5,12 e 19 de Xuño
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Todos os materiais incluídos (agás na 4ª sesión ). En cada sesión levas unha peza feita por ti.
APORTACIÓN: 50 euros persoas socias e 55 euros persoas non socias
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia
Medidas de prevención:
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
Incríbete no seguinte formulario e indica no corpo da mensaxe o grupo (A ou B)