Sempre pensaches en darlle uso a esa máquina de coser que tes sen usar na casa? Queres facer as túas propias prendas e proxectos téxtiles? Este é o teu curso! As persoas participantes adquirirán destreza coa máquina de coser, coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura, diferentes tipos de tecidos e realizarán en cada unha das sesións un pequeno proxecto para levarse a casa ou aprenderán técnicas específicas.
- 1ª sesión 3 febreiro: uso da máquina de coser, materiais para costura, tipos de tecidos. Práctica coa máquina. Proxecto de funda de coxín.
- 2ª sesión 17 febreiro: Poñer cremalleiras. Proxecto de neceser e carteiriña.
- 3ª sesión 3 marzo: Uso da remalladora. Proxecto de mochila saco.
- 4ª sesión 17 marzo: Costura de ropa básica. Proxecto de saia con goma.
- 5ª sesión 31 marzo: Proxecto de complementos de moda: tote bag forrada e con peto.
- 6ª sesión 28 abril: Tecidos e mandilón xaponés.
- 7ª sesión 12 maio: Técnicas: diferentes formas de poñer un bies
- 8ª sesión 26 maio: Proxecto de Kimono e iniciación patronaxe.
- 9ª sesión 9 xuño: Proxecto pantalón de pixama. Aprender a tomar medidas e sacar patrón de prendas a partir doutra prenda.
- 10ª sesión 30 xuño: Proxecto Bata.
*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*
DIRIXIDO A: maiores de 18 anos.
DURACIÓN E HORARIO: XOVES de 16:30 a 20:00 horas. 2 sesións ao mes de 3,5 horas cada unha. Son un total de 10 sesións de febreiro a xuño 2022.
Máximo 6 persoas por grupo.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e a súa propia máquina de coser (se non dispós de máquina, escribe en comentarios e vemos de procurar unha solución).
APORTACIÓN*: 50 euros ao mes/ Pago fraccionado 135 euros (primeiro pago) + 90 euros (segundo pago)/ Pago único 225 euros.
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.
Medidas de prevención da COVID:
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
- Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
- O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
- Espazo amplo e ben ventilado. Visita as nosas instalacións.
- Uso de máscara e xel hidroalcólico.
*Non se devolverán os cartos, excepto que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta