Sempre pensaches en darlle uso a esa máquina de coser que tes sen usar na casa? Queres facer as túas propias prendas e proxectos téxtiles? Este é o teu curso! As persoas participantes adquirirán destreza coa máquina de coser, coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura, diferentes tipos de tecidos e realizarán en cada unha das sesións un pequeno proxecto para levarse a casa ou aprenderán técnicas específicas.

CONTIDOS

PRIMER TRIMESTRE : Setembro, outubro, novembro e decembro. 8 sesión de 3,5 hs cada unha. Total de 28 horas. 180 euros. Pago inicial setembro 45 euros e pago en outubro de 135 euros

1ª sesión: uso da máquina de coser, materiais para costura, tipos de tecidos. Práctica coa máquina. Proxecto de funda de coxín.

2ª sesión: Poñer cremalleiras. Proxecto de neceser e carteiriña.

3ª sesión: Uso da remalladora. Proxecto de mochila saco.

4ª sesión: Costura de ropa básica. Proxecto pantalón de pixama. Aprender a tomar medidas e sacar patrón de prendas a partir doutra prenda. Técnicas de poñer gomas

5ª sesión:  Clase sobre tipos de Tecidos e proxecto de mandilón xaponés.

6ª sesión:Técnicas: diferentes formas de poñer un bies

7ª sesión: Clase teórico- práctica.Proxecto de Kimono e iniciación patronaxe.

8ª sesión:  Proxecto de complementos de moda: tote bag forrada e con peto.

2º TRIMESTRE ( Xaneiro, febreiro, marzo. 6 sesións de 3,5 horas cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

9ª sesión: Clase Teórica Patronaxe: saia base

10ª sesión: Clase teórico-práctica. Modificacións Saia ( evasé, cintura baixa) Base e  coser Glasilla ( practicar pinzas e ver se o patrón precisa modificacións)

11ª sesión: Clase técnicas: cremalleiras

12ª sesión: Proxecto saia base ( escoller tipo de cremalleira e facer vistas)

13ª sesión: Mochila I ( asa regulable, forrada, cremalleira, peto escondido)

14ª sesión: Mochila II

3º TRIMESTRE (Abril, maio e xuño): 6 sesións de 3,5 hs cada unha. Total de 21 horas. 135 euros)

15ª sesión:  Clase teórica: Patronaxe corpo base
16ª sesión:  Clase teórico-práctica: Glasilla corpo base e modificacións de patrón (escotes, ignorar pinzas, facer máis ancho, manga semipegada)
17ª sesión: Proxecto vestido/blusa
18ª sesión: Técnicas peches + rematar blusa
19ª sesión : Presentación Proxecto Persoal + execución 1
20ª sesión: Proxecto persoal execución 2

*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*

DIRIXIDO A:  maiores de 18 anos.

DURACIÓN E HORARIO:

Grupo 1:

Primeiro Trimestre: MÉRCORES de 16:15 a 20:00 hs. Datas21 e 28 de setembro. 5 ,19 e 26 de outubro. 2 de novembro. 14 e 21 de decembro.

Segundo trimestre: MÉRCORES de 16:15 a 20:00 hs. Datas 11 e 25 de xaneiro. 8 e 22 de febreiro. 1 e 15 de marzo

Terceiro trimestre: MÉRCORES de 16:15 a 20:00 hs. Datas 12 e 26 de abril, 10 e 24 maio, 7 e 21 xuño

TITORÍAS: 27 outubro, 15 de decembro, 15 de febreiro, 9 de marzo,31 de maio, 14 de xuño

2 sesións ao mes de 3,5 horas cada unha. Primeiro trimestre 8 sesión, Segundo trimestre 6 sesión e terceiro trimestre 6 sesións. Total curso anual 20 sesións. Inclúe unha sesión de titoría cada trimestre, temario por escrito, vídeos explicativos e un grupo de WhatsApp para dúbidas.

Máximo 6 persoas por grupo.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.

APORTACIÓN: Pago fraccionado 50 euros ao mes/ Pago único con desconto 135 euros ao trimestre (excepto primeiro cuatrimestre 180 euros, pago reserva de praza 45 euros e pago en outubro de 135 euros)

IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.

Medidas de prevención da COVID:

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade. Espazo ventilado e desinfectado diariamente.

Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta