Xoves 2 de Marzo
Comeza o curso de “Orientación e Formación Laboral”
Actividades que se levarán a cabo no curso:
- Elaboración do currículo: Ensinaranse as pautas básicas para sacar o mellor partido da formación e da experiencia de cada un dos participantes.
- Medios para a procura de emprego: Presentando aos participantes os diferentes medios para a procura de emprego, tanto os de soporte físico como os telemáticos. Do mesmo modo farase algunha saída a centros específicos de procura de emprego.
- Entrevistas persoais: Preparando os participantes na metodoloxía das entrevistas laborais, ademais se traballará a modo transversal as habilidades sociais.
- Prevención de Riscos Laborais: Facilitaráselles uns coñecementos básicos sobre a prevención de Riscos Laborais.
O largo do curso faranse diferentes enquisas de autocoñecemente e conformidade.
Obxectivos:
DURACIÓN DO CURSO: Do 2 de Marzo do 2017 ao 27 de Abril do 2017.
HORARIO: Martes e xoves de 11:30 a 13:30 horas.
LUGAR: Centro Gárate. San Jurjo Badía Nº 79, Vigo.
HORAS TOTAIS DO CURSO: 30 horas
Para inscribirte só tes que porte en contacto con nós no 986 127 949 ou 698 142 158. Tamén mandando un correo a laboralxaruma@gmail.com
ANÍMATE A PARTICIPAR!!! Aprenderás a levar a cabo a procura de emprego e a facer uso dos medios existentes para elo. NON O DUBIDES, APÚNTATE!!!
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.