Se che gusta traballar con persoas e para persoas, formando parte de proxectos de dinamización e intervención, este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 6 de abril – 23 de xuño.
Horario: sábados e domingos de 9-14 e de 15 a 19 (horario xeral). Dispoñemos dun pequeno espazo con microondas para poder comer na entidade.
Lugar: Vigo (barrio de Teis)
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
- Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
- Animación
- Educación para a Saúde
- Educación Medioambiental
- Organización e Recursos
Aportación: 210 € socios/as, desempregados e voluntariado activo da entidade; 230 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 4 de abril: 90/110
Segundo pago, antes do 5 de maio: 70/70
Terceiro pago, antes do 5 de xuño: 50/50
Documentación a entregar:
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
– Foto de carné
– Resgardo bancario
– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.