En base a boa acollida que tivo a 1ª Edición do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, lanzamos unha 2ª edición.

A educación no tempo libre é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.

Se queres… Traballar con persoas e para persoas… Pertencer a proxectos de dinamización e intervención… Traballar na educación no tempo libre… Se pensas que a natureza é un recurso valiosísimo ao que temos que coidar… Que nas crianzas está o futuro máis próximo… Ou que a educación é o camiño para a igualdade… Este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 28 de xuño – 30 de xullo de 2021. Poderase valorar a realización de 20 horas en liña en función da situación sanitaria do momento.

Horario: de luns a venres de 9 a 14.  Mañás e algunhas tardes (ver calendario). O sábado 24 de xullo realizarase xornada todo o día.

Para as sesións de mañá e tarde, dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer na escola (interior e/ou exterior), sempre que a situación o permita.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa).

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Aportación: 250 € socios/as, desempregados/as e voluntariado activo da entidade; 265 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza (antes do 23 de xuño): 120/135

Segundo pago (antes do 5 de xullo): 80/80

Terceiro pago (antes do 15 de xullo): 50/50

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.