FORMACIÓN OFICIAL. COMEZO EN XULLO
En base a boa acollida que tivo a 1º edición do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre do verán 2022, lanzamos unha 2ª edición.
Se queres… Traballar con persoas e para persoas… Pertencer a proxectos de dinamización e intervención…Traballar na educación no tempo libre… Se pensas que a natureza é o teu recurso máis valioso… Este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva engadido o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 4 de xullo -29 de xullo
Horario: de luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 20h (horario xeral). Dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer na escola (sempre que a situación o permita).
Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa). Aparcamento gratuito no recinto.
Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
- Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
- Animación
- Educación para a Saúde
- Educación Medioambiental
- Organización e Recursos
Aportación: 255€ socios/as, desempregados/as e voluntariado activo na entidade. Este feito ten que darse durante o período de inscrición. 270€ tarifa ordinaria.
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza (do 16 ao 30 de xuño): 125 € /140 €
Segundo pago (antes do 15 de xullo): 80 € /80 €
Terceiro pago (antes do 20 de xullo): 50 € /50 €
Documentación a entregar:
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
– Foto de carné
– Resgardo bancario
– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completo. No prazo máximo de 5 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.