FORMACIÓN OFICIAL

Gustaríache traballar con persoas e para persoas? Pertencer a proxectos de dinamización e intervención? Cres que a educación é o camiño para lograr grandes cousas? Disfrutas do contacto da natureza e ves nela un recurso valiosísimo? Pois este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

Nós cremos que este curso é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, das que se pode faltar un 20% (40 horas), e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña e a maiores deste curso).

Datas: 10 de abril – 20 de xullo de 2025 (consulta o calendario)

Horario: xoves e venres de 16 a 21h. Sábados de 9 a 14h.

Lugar: Antiga Escola Rural da Portela (Santiago de Compostela)

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Aportación económica: sen custe para participantes, voluntariado e colaboradores/as de Asociación Itínera e CEGASAL.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Documentación a entregar: 

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
  • Foto de carné
  • Resgardo bancario

Toda esta documentación entregarase no momento de inscrición.

Para preinscribirte, segue estes pasos:

  1. Contacta coa asociación Itínera solicitando praza.
  2. Ante a confirmación da entidade, enche o formulario de inscrición cos teus datos persoais e a túa documentacón. No prazo máximo de 5 días hábiles enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

Este curso enmárcase dentro do programa Capacitadamente II, organizado por CEGASAL e ERIT co patrocinio de Jhonson & Johnson e colaboración da Asociación e Escola de Tempo Libre Xaruma na coordinación e impartición da formación.

Se aínda tes dúbidas consulta Preguntas frecuentes