O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 17 de marzo – 10 de xuño de 2018.
Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30/21 segundo a fin de semana. Entregarase calendario co horario concreto de cada fin de semana. Non haberá sesións formativas nas fins de semana correspondentes ao 31 de marzo e 1 de abril e ao 19 e 20 de maio.
Lugar: Vigo (barrio de Teis)
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
- Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
- Animación
- Educación para a Saúde
- Educación Medioambiental
- Organización e Recursos
Aportación: 200 € socios/as e desempregados; 225 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 15 de marzo: 70/90
Segundo pago, antes do 15 de abril: 65/70
Terceiro pago, antes do 15 de maio: 65/65
Documentación a entregar:
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
– Foto de carné
– Resgardo bancario do pago da matrícula
– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días laborables enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.