Os vindeiros 4 e 11 de maio acolleremos en Xaruma unha formación moi demandada que te aportará novos recursos dentro da educación non formal.
A maxia ten un gran valor pedagóxico, pois recolle tanto disciplinas científicas como artísticas. Sempre resulta unha actividade integradora que conecta a xente diferente entre elas/eles.
A maxia é diversión e é entretemento, pero tamén é aprendizaxe, é integración, é reto, é comunicación e é emoción.
Neste curso aprenderás a…
- Axilizar a mente e aumentar a capacidade de concentración.
- Potenciar habilidades matemáticas e artísticas.
- Desenvolver a personalidade e seguridade persoal, mellorando a autoestima.
- Perfeccionar o achegamento e a simpatía cara ás persoas.
- Fomentar a creatividade e a imaxinación.
- Realizar trucos de maxia para a túa labor profesional (ou por puro gusto)
O día 11 realizarase unha pequena actuación aberta por parte das persoas participantes, onde se porán en práctica as técnicas aprendidas.
Datas e horario: 4 de maio, de 9 a 14h.; 11 de maio, de 15.30 a 20.30h.
Lugar: Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate. Consulta a localización.
Aportación: 35 € para persoas socias; 40 € persoas non socias. Faite socia!
Quen é o Mago Cali?
Cali é un mago que leva máis de 19 anos realizando espectáculos de maxia para todos os públicos. Colaborador activo da Fundación Abracadabra e responsable de formación de maxia na Universidade de Vigo. Podemos ver parte da súa labor en Ben falado: “Contos de maxia” da TVG.
Podes inscribirte enchendo este formulario. No prazo de 3 días, enviarémosche un correo confirmándote a praza e a formalización da inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
Anímate a incorporar a maxia nas túas actividades de lecer. Válido se traballas en campamentos ou en ludotecas, se fas animacións puntuais ou se traballas nun comedor, se traballas con adultos ou con mocidade… O marabilloso da maxia é a posibilidade de adaptalo ás diferentes actividades e grupos.