Se tes inquietude por coñecer como é o funcionamento dunha horta ecolóxica e queres aprender a producir os teus propios alimentos, a Escola de Tempo Libre Xaruma ofrece a oportunidade de apuntarte a este curso:

CURSO DE INICIACIÓN Á AGRICULTURA ECOLÓXICA (teórico-práctico de 4 horas)

CONTIDOS:

  1. A AGRICULTURA ECOLÓXICA, BASES AGROECOLÓXICAS
    Teoría

    • Que é a agricultura ecolóxica?
    • Rotación e asociación de cultivos.
  2. Práctica
    • Facer sementeiros
    • Sementar no terreo definitivo

DATA DO CURSO: 18 de outubro.

HORARIO: 10:00 a 14:00 horas.

LUGAR: Local Xaruma. Torrecedeira 66, Vigo.

MATERIAIS: o alumnado deberá aportar roupa e calzado de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 4 horas.

APORTACIÓN: persoas socias 20€ e tarifa ordinaria 24€