A facilitación é a arte de facer as cousas fáciles. Para isto é necesario incorporar persoas que apoien aos grupos a ser máis conscientes. Aprenderás ferramentas e técnicas para profundizar na natureza dos grupos e adestrar actitudes, competencias, valores e habilidades. O artístico estará moi presente, pois serve de medio para conseguir que os grupos funcionen.
Áreas nas que traballaremos…
- Comunicación
- Indagación
- Arte
- Igualdade
- Xestión emocional
- Resolución de conflitos
- Resiliencia
Datas: 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de xullo.
Horario: venres de 16 a 20 e sábados de 10 a 14. (30 horas). Emitirase certificado de asistencia.
Aportación: 75 € socios/as ou voluntariado activo da entidade | 85 € tarifa ordinario. Posibilidade de formación bonificada (consúltao en xarumaorg@gmail.com)
Podes inscribirte no seguinte formulario.
Se estás interesada/o e non poderás nestas datas, fáinolo saber. Escríbeo no formulario e terémolo en conta para novas edicións.