CANCELADO POR NON CHEGAR AO GRUPO MÍNIMO
SE ESTÁS INTERESADO/A, ESCÍBENOS A xarumaorg@gmail.com PARA AVISARTE CANDO O VOLVAMOS CONVOCAR
Este ano queremos rematar o 2017 cunha formación que ascende un nivel dentro do mundo do tempo libre, ademais de seres unha titulación cada vez máis demandada tanto por empresas e asociacións como por particulares. Non remates o ano sen facerte director/a!
O curso terá lugar as fins de semana e venres comprendidos entre o 13 de outubro e o 3 de decembro, atendendo ao seguinte horario.
A fin de semana do 4 e 5 de novembro non haberá curso.
Tanto as datas como o horario do curso está aberto a cambio se así o manifesta o alumnado (sempre que sexa factible por parte da entidade).
Haberá tres xornadas abertas á sociedade de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.
APORTACIÓN: 150 € para voluntariado, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 175 € para o resto das persoas.
Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:
Matrícula e reserva de praza (antes do 11 de outubro): 60€ / 75€
Segundo pago (antes do 30 de outubro): 60€ / 60€
Terceiro pago (antes do 20 de novembro): 30€ / 40€
Requisitos (Decreto 50/2000):
* Título de monitor/a de actividades de tempo libre
* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.
* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral ou contratos. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a.
Contidos
1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:
Dirección de equipos e liderato
Análise das realidades sociais
2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:
As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
Educación en valores: o ideario educativo.
Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
Asociacións como espacio educativo.
3ª parte (85 horas). Área de xestión:
Planificación e deseño de proxectos de intervención
Estratexias de xestión
Organización e modelos organizativos
Administración, xerencia e xestión económica
Lexislación
Políticas e recursos institucionais
Para inscribirte, simplemente deberás encher o formulario de máis abaixo e esperar a nosa confirmación.
O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas.
Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.