CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
(Formación teórica e práctica)
PROGRAMA DO CURSO:
- A agricultura ecolóxica: O medio ambiente e a saúde.
- O solo e a materia orgánica. Abonos e fertilización verde.
- Compostaxe e vermicompostaxe.
- Técnicas de cultivo e elaboración de bancais.
- Regar sen derrochar.
- Protección das plantas.
- Os beneficios dunha correcta alimentación.
- Seguridade e hixiene nas actividades agrícolas.
- Módulo transversal. Habilidades sociais. Autoestima.Coeducación.
PRÁCTICAS DO CURSO:
- Preparación do terreo e manexo do solo.
- Selección de sementes e plantas.
- Preparación de semilleiros en viveiro.
- Elaboración dun composteiro.
- Elaboración e aplicación de fertilizantes.
- Cultivo, labouras de rutina.
- Rega baixo criterios de aforro.
- Control de patóxenos por medios de loita biolóxica.
DURACIÓN DO CURSO: Do 21 de Decembro de 2016 o 17 de Marzo de 2017.
HORARIO: Mércores e venres de 17:00 a 19:30 horas.
LUGAR: Centro Gárate. San Jurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: O alumnado deberá aportar botas, luvas e roupa de traballo.
HORAS TOTAIS DO CURSO: 60 horas
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e nos próximos días recibirás unha mensaxe de confirmación.
Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
Aprenderás a crear e coidar unha horta seguindo só criterios ecolóxicos sen perxudicar ó medio ambiente e obendo alimentos máis ricos e saudables.
APÚNTATE!!!
![]() |
|
Curso de Agricultura Ecolóxica
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020) Operación cofinanciada pola Unión Europea Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE invirte no teu futuro
Resumo de indicadores de execución e resultado |
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.