Se tes inquietude por coñecer como é o funcionamento dunha horta ecolóxica e queres aprender a producir os teus propios alimentos, a Escola de Tempo Libre Xaruma ofrece a oportunidade de apuntarte a este curso:
CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (teórico-práctico de 16 horas)
CONTIDOS:
- A AGRICULTURA ECOLÓXICA, BASES AGROECOLÓXICAS
Teoría
• Que é a agricultura ecolóxica?
• Como se fai a Agricultura Ecolóxica? Por que?
• Conceptos de sostenibilidade e biodiversidade
Práctica
• Observar e identificar o medio que imos traballar
- O SOLO E A FERTILIZACIÓN
Teoría
• Análise de solos
• Características físicas e químicas do solo
• O solo como organismo vivo
Práctica
• Facer unha analítica do solo que se vai preparar
• Preparar o solo, técnica dos bancais
• Aporte de materia orgánica
• Aportar abonos naturais minerais
• Realizar compost
• Coberturas vexetais e aporte de cobertura no solo
- MANEXO DE SISTEMAS DE PRODUCCIÓN VEXETAL
Teoría
• Rotacións de cultivos
• As asociacións
Práctica
• Facer sementeiros
• Sementar no terreo definitivo
• Transplantar
4. CONTROL DE ENFERMIDADES E PRAGAS
Teoría
• Recoñecer e identificar as herbas adventicias
• Recoñecer e identificar as principais pragas
• Recoñecer e identificar os síntomas das enfermidades
• Os preparados biolóxicos
Práctica
• Preparación e aplicación dos preparados biolóxicos
DURACIÓN DO CURSO: 27, 28, 29 e 30 de xuño do 2022.
HORARIO: 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR: Local Xaruma. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: o alumnado deberá aportar roupa e calzado de traballo.
HORAS TOTAIS DO CURSO: 16 horas.
APORTACIÓN: persoas socias 50€ e tarifa ordinaria 55€.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrucción a seguir: