Se tes inquietude por coñecer como é o funcionamento dunha horta ecolóxica e queres aprender a producir os teus propios alimentos,  tes a oportunidade de apuntarte a este curso:

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (30 horas)

(Formación teórica e práctica)

PROGRAMA DO CURSO:

1. ¿POR QUÉ Á AGRICULTURA ECOLÓXICA?

A agricultura ecolóxica: O medio ambiente e a saúde.

Conceptos de sostenibilidade e biodiversidade.

2. O SOLO

O solo como organismo vivo.

Características físicas e químicas do solo.

3. FERTILIZACIÓN

 A materia orgánica.

O proceso do compostaxe e vermicompostaxe.

Os abonos inorgánicos e a fertilización verde.

4. TÉCNICAS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA

As sementes.

Elaboración de bancais.

Os cultivos, rotacións e asociación.

5. MÉTODOS DE PREVENCIÓN E CONTROL

Concepto de enfermidade en agricultura ecolóxica.

Protección de cultivos.

Prevención de enfermidades.

5. A AUGA

Regar sen derrochar.

PRÁCTICAS DO CURSO:

Preparación do terreo e manexo do solo.

Análisis do solo.

Selección de sementes e plantas.

Preparación de sementeiras.

Elaboración dun composteiro.

Elaboración e aplicación de fertilizantes.

Cultivo, labouras de rutina.

Rega baixo criterios de aforro.

Control de patóxenos por medios de loita biolóxica.

DURACIÓN DO CURSO: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 maio de 2021.

HORARIO: venres de 16:00 a 20:00 horas.

Sábados de 10:00 a 14:00.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: O alumnado deberá aportar roupa e calzado de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 30 horas

APORTACIÓN: socios 75€ e non socios 85€

Medidas de prevención

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.

Entregarase documento de normas e medidas de prevención previamente ao inicio do curso.

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e nos próximos cinco días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrucción a seguir.