Se tes inquietude por coñecer como é o funcionamento dunha horta ecolóxica e queres aprender a producir os teus propios alimentos, a Escola de Tempo Libre Xaruma ofrece a oportunidade de apuntarte a este curso:

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (teórico-práctico de 30 horas)

CONTIDOS:

  1. A AGRICULTURA ECOLÓXICA, BASES AGROECOLÓXICAS
    Teoría

    • Que é a agricultura ecolóxica?
    • Como se fai a Agricultura Ecolóxica? ¿Por que?
    • Conceptos de sostenibilidade e biodiversidade
    Práctica
    • Observar e identificar o medio que imos a traballar
    • Deseño da horta
  1. O SOLO E A FERTILIZACIÓN
    Teoría
    • Análise de solos
    • Característica físicas e químicas do solo
    • O solo como organismo vivo
    Práctica
    • Facer unha analítica do solo que se vai preparar
    • Preparar o solo, técnica dos bancais
    • Aporte de materia orgánica
    • Aportar abonos naturais minerais
    • Realizar compost
    • Coberturas vexetais e aporte de cobertura no solo
  1. MANEXO DE SISTEMAS DE PRODUCCIÓN VEXETAL
    Teoría
    • Rotacións de cultivos
    • As asociacións
    Práctica
    • Facer sementeiros
    • Sementar no terreo definitivo
    • Transplantar
    • Preparar un calendario de cultivos, tendo en conta rotacións e
    asociación

4. A AUGA
Teoría
• O sistema de rega
• Utilización da auga para crear: charcas, regatos, zonas húmidas
Práctica
• Preparación dun sistema de rega

5. CONTROL DE ENFERMIDADES E PRAGAS
Teoría
• Recoñecer e identificar as herbas adventicias
• Recoñecer e identificar as principais pragas
• Recoñecer e identificar os síntomas das enfermidades
• Os preparados biolóxicos
Práctica
• Preparación e aplicación dos preparados biolóxicos

6. MANTEMENTO DA HORTA
Teoría
• Como manter un horto
Práctica
• Desherbado do terreo
• Poda das plantas
• Recolección dos produtos

7. ELABORACIÓN DE ELEMENTOS ADICIONAIS NA HORTA
Teoría
• Como facer un peche vexetal
• Plantas aromáticas e plantas amigas
• Recunchos máxicos
Práctica
• Identificación de plantas aromáticas e medicinais

DURACIÓN DO CURSO: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de agosto do 2021.

HORARIO: 10:00 a 14:00 horas.

LUGAR: Local Xaruma. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: o alumnado deberá aportar roupa e calzado de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 30 horas.

APORTACIÓN: persoas socias 75€ e tarifa ordinaria 85€.

Medidas de prevención

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será empregado polas mesmas persoas.


Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrucción a seguir: