Xaruma, é unha asociación de iniciativa social que traballamos principalmente no ámbito da saúde mental. Levamos máis de 10 anos traballando na autonomía das persoas, atendendo anualmente a máis de 70.

Por iso, o ano pasado, decidimos relanzar o proxecto Autonomamente, un proxecto que pretende potenciar a autonomía persoal e social de persoas con trastornos mentais, mediante a adquisición, mellora e mantemento das habilidades básicas da vida diaria. Para iso, necesitamos un fogar onde realizar as actividades, que van desde a aprendizaxe máis instrumental ata a convivencia en comunidade.

O ano pasado comezamos coa reforma da planta baixa do piso, conseguindo así unha maior amplitude, accesibilidade e unha gran mellora enerxética. Isto foi posible grazas á colaboración de moitas persoas que participaron no noso anterior crowdfunding, nesta ligazón podedes visualizar a campaña do 2021: https://www.goteo.org/project/autonomamente

Este ano decidimos continuar este proxecto reformando a cuberta ( reconstrución do tellado), así como mellorando a accesibilidade das escaleiras exteriores, coa instalación dunha plataforma salvaescaleras coa súa consecuente modificación de varanda. Esta modificación entre outras cousas facilitará o acceso a máis persoas e axudaranos a volver levar canto antes as actividades ao piso.

Lembra que a túa achega ten unha desgravación fiscal de ata o 80%. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

Poderás conseguir recompensas tan fermosas coma estas:

PRIMEIRO OBXECTIVO, 40 DÍAS: 5.312 € (ata o 7 de novembro)

SEGUNDO OBXECTIVO, 40 DÍAS: 8.672 € (ata o 17 de decembro)

Queres saber máis? Preme para ver todo o proxecto e as nosas necesidades:

GRAZAS!