OBXECTIVO CONSEGUIDO! UN MILLÓN DE GRAZAS!

Abrimos campaña de microdoazóns a través de goteo, unha das plataformas máis coñecidas e fiables de crowdfunding. Este é un sistema de financiación colectiva dun proxecto. No noso caso, necesitamos mercar material informático para poder avanzar coas clases de alfabetización dixital coas persoas do ámbito de saúde mental.
Durante o confinamento quedou patente a necesidade da tecnoloxía para facer determinados trámites administrativos, estar en contacto coa xente ou simplemente pasar o rato. Cremos plenamente no bo uso das novas tecnoloxías, pero moitas persoas aínda non saben manexarse nelas. Cómpre seguir avanzando pola vía da alfabetización dixital, e por iso necesitamos a túa colaboración nesta campaña de crowdfunding.
Pasaremos por dúas fases de 40 días cada unha. No noso caso, son “escalada” 🙂
- Primeira fase ata o 19 de xuño: necesitamos chegar ao obxectivo de 2.220 €, que é o mínimo material que necesitaríamos mercar.
- Segunda fase: tan só chegaríamos a esta fase se na primeira conseguimos o obxectivo. En caso contrario, esta fase non existiría para nós nin teríamos recibido a cantidade conseguida durante a primeira. Por iso é tan importante chegar ao obxectivo.
Que obtés ti ao doar?
Beneficios fiscais: as doazóns serán declaradas e deducidas ata un 75% na declaración da renda. Que significa isto? Que se doas 10 €, cando fagas a declaración do 2020, devolveranche 7,50€; se doas 100 €, devolveranche 75€. Podes consultar máis sobre deducións fiscais por doazóns a entidades sociais aquí.
Artesanía “da boa”: cada aportación leva consigo unha recompensa das cousiñas que facemos en Xaruma. Non teñen desperdicio!
Sempre dicimos que sen unha peseta non facemos o millón! Esperamos poder contar contigo nesta campaña e, se non podes doar, CORRE A VOZ! Que chegue a cantos máis oídos posibles! E grazas unha vez máis por sempre estar detrás!
Enlace directo á nosa campaña: http://goteo.cc/proxectonaturalmente