Únete á nosa campaña de crowdfunding para impulsar a autonomía en saúde mental!

En Xaruma estamos comprometidas co benestar e a mellora da calidade de vida das persoas do ámbito da saúde mental, é por iso que lanzamos o proxecto Autonomamente, co obxectivo de proporcionar un espazo seguro e acolledor onde poder desenvolver habilidades, promover a autonomía e construír unha comunidade máis unificada.

A campaña de crowdfunding deste ano axudaranos a reformar a planta alta do piso e dotar de material á planta baixa. Queremos que éste sexa un espazo dinámico e multifuncional que atenda as necesidades específicas das persoas que participan del.

O noso enfoque está baseado na persoa, facéndoa partícipe do seu propio aprendizaxe e cambio, respectando os diferentes tempos.

Como podes contribuír? Participante no noso crowdfunding, unha campaña de doazóns colectiva. Non importa a cantidade a doar, o importante é que con elo, estarás colaborando en transformar a vida de persoas con trastornos mentais. Cada doazón achéganos un pouco máis ao noso obxectivo. Ademais, con este mecanismo de doazóns, poderás optar a unha fermosa recompensa feita con amor polas persoas participantes de Xaruma.

Non sabes como facer a doazón? Podes descargar o tutorial premendo aquí.

Xuntos/as poderemos crear unha contorna inclusiva que impulse a autonomía e o benestar en saúde mental. Únete á nosa campaña de crowdfunding e forma parte do cambio positivo que tanto necesitamos. GRAZAS POLO TEU APOIO!