O corpo é linguaxe, ritmo, movemento, emoción…Este obradoiro pretende ser un espazo no que explorar a creatividade e a xestión emocional dende a expresión corporal, tamén coñecer como habitamos o espazo e como nos relacionamos nel coas demais persoas. Traballaremos a consciencia corporal a través da música e mediante propostas de exercicios de coordinación, relajación, comunicación xestual, composición do espazo e improvisación. Para nós, como para Emma Goldman, danzar é unha das nosas revolucións.

DIRIXIDO A: persoas maiores de 18 anos.

DURACIÓN E HORARIO: Venres 16 de xullo de 18h a 20h.

LUGAR: Sanjurjo Badía 79, Local Xaruma, Vigo.

MATERIAIS: Roupa cómoda e manta.

APORTACIÓN: 10€ persoas socias ou 15€ tarifa ordinaria.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.


Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e, nos vindeiros días, recibirás un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir: