Grazas a todos e todas as que colaboráchedes económicamente para que un novo espazo ambiental poida ver a luz. Estamos moi contentas co apoio recibido e estamos xa desexando comezar a montar para preparar os alimentos para o inverno.

Por iso queremos convidarte a asistir o 21 de xullo, a partir das 10.00, á montaxe da primeira fase, na que contruiremos o esqueleto. Convidarémosvos a unha merenda de media mañá e un xantar colectivo, elaborado polos chicos e chicas da entidade. Por suposto, haberá bebidas fresquiñas para todos e todas.

Nunha segunda fase poñeremos o plástico e o material que o invernadoiro necesita para comezar.

Agradecemos que confirmedes asistencia por correo en xarumaorg@gmail.com ou enchendo este formulario.

Esperámosvos para pasar un sábado diferente!