Neste curso aprenderemos a cociñar e a conservar alimentos tanto doces como salgados, recuperando o método de elaboración natural e artesanal sen a utilización de aditivos químicos e, ademais, incorporaremos como elaborar verduras fermentadas, unhas boas aliadas para fortalecer o noso sistema inmunitario.
Elaboración de:
• Ketchup caseiro
• Marmelada de froita de tempada
• Pickles de verduras
DURACIÓN DO OBRADOIRO: 4 horas.
HORARIO: sábado 23 de setembro do 2023 de 10:00 ás 14:00 horas.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: os materiais do obradoiro están incluídos.
APORTACIÓN: persoas socias 16€ e tarifa ordinaria 20€.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrución a seguir:
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta