Comunidade Viva: Redes de apoio

O proxecto xorde para dar resposta ás dificultades que afrontan as zonas rurais, caracterizadas por retos significativos relacionados coa inclusión social, o benestar emocional e o acceso a oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional. A dispersión xeográfica, a limitación de recursos e a carencia de servizos especializados difi cultan a atención integral tanto ás familias en situación de vulnerabilidade como ás persoas que precisan apoio personalizado e acompañamento emocional en momentos clave da súa vida.
A iniciativa conta con dúas liñas de actuación complementarias que abordan tanto a dimensión de ocio como a de carácter social e terapéutico. Por unha banda, a liña de ocio e tempo libre está centrada na formación de monitoras/es de tempo libre, unha ferramenta clave para fomentar o desenvolvemento profesional xuvenil e mellorar a inclusión laboral da mocidade.
Complementariamente, organizaranse obradoiros de ocio saudable para promover hábitos de vida positivos e alternativas ao lecer convencional, fomentando a creatividade, a interacción social e a saúde emocional.
Por outra banda, a liña social do proxecto abrangue o acompañamento e traballo socioeducativo, orientado a mellorar o benestar e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade. A través de sesións individuais e grupais, o proxecto ofrece apoio ás familias e á mocidade na xestión emocional, mellora das habilidades sociais e resolución de conflitos. Esta liña tamén se articula en estreita colaboración coas entidades sociais locais, co obxectivo de garantir un acompañamento integral que favoreza a inclusión social e mellore as condicións de vida das persoas beneficiarias.
OBXECTIVOS
- Impulsar a integración comunitaria a través de actividades inclusivas, que favorezan a colaboración e o entendemento mutuo entre diversos grupos sociais, promovendo un tecido social cohesionado.
- Facilitar o acceso a recursos socioeducativos para familias en situación de vulnerabilidade, promovendo a súa participación activa e o seu empoderamento dentro da comunidade, e garantindo que teñan as ferramentas necesarias para o seu desenvolvemento integral
- Potenciar a sensibilización social sobre a importancia do benestar emocional, levando a cabo campañas de concienciación e formación para visibilizar as necesidades emocionais das persoas e promover a súa atención e xestión adecuada dentro da comunidade.
- Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os membros da comunidade, con especial atención ás persoas en situación de exclusión social, para garantir que teñan acceso ás mesmas oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional.
- Promover a colaboración entre a poboación xeral e os colectivos máis vulnerables, creando espazos de convivencia, sororidade e apoio mutuo que favorezan a inclusión social e a eliminación de barreiras entre diferentes grupos sociais.
- Desenvolver programas educativos e recreativos que fortalezcan as habilidades sociais e emocionais dos mozos e mozas, poñendo énfase na xestión emocional, a resolución de conflitos e a creatividade como ferramentas para o seu benestar e desenvolvemento persoal.
ACTUACIÓNS DIRECTAS
- Programa de asesoramento familiar:
- Sesións de orientación e acompañamento socioeducativo (individual ou grupal). Centradas na mellora das dinámicas familiares e o apoio emocional a cada membro, especialmente para familias en situación de vulnerabilidade.
- Ferramentas para a xestión emocional e resolución de conflitos familiares.
2. Obradoiros comunitarios de benestar emocional:
- Actividades para a poboación vulnerable, abertas á comunidade xeral, para promover a integración e o apoio mutuo entre todos os membros da comunidade.
- Dinámicas de habilidades socioemocionais, inclusión e cohesión social, dirixidas á poboación infantil e xuvenil, para fortalecer as competencias emocionais e fomentar a convivencia en igualdade.
- Campaña de formación en monitor/a de tempo libre: Curso homologado para mozos e mozas interesados/as en traballar en campamentos organizados polos concellos locais.
4. Actividade de ocio saudable
- Talleres e dinámicas de ocio saudable que promoven hábitos de vida positivos, favorecendo a interacción social, a creatividade e o benestar emocional entre mozos, mozas e as súas familias.
TERRITORIO DE ACTUACIÓN
- Concello de Monforte de Lemos.
- Concello de Sober.
- Concello de Bóveda.
- Concello de Pantón.
- Concello da Pobra de Brollón.


















