Por motivos de saúde e, como medidas preventivas fronte ao COVID-19, Xaruma permanecerá pechada ao público ata o vindeiro 30 de marzo, salvo novo aviso. Xa sabedes que non somos partidarias de pechar nin en vacacións, pero cremos necesario acatar todas as recomendacións sanitarias.

En vista do que está a acontecer e posto que é un cambio importante na rutina das persoas participantes, a equipa de Xaruma elaborou unha programación cunha serie de actividades para facer na casa e pensando un pouco no día a día e nas sesión que levamos a cabo, orientadas todas elas ás diversas áreas que traballamos na asociación. Realizaremos tamén apoio telefónico.

Descarga o dossier viaxeiro

De maneira puntual e baixo petición, poderemos intentar prestarvos servizo de acompañamento que serva de respiro familiar.

Aínda así, o teléfono de contacto seguirá estando dispoñible en horario de chamadas estes días: 698 142 158
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 16:00h – 17:30h

Comentarvos tamén que para calquera consulta ou dúbida ao respecto este é o teléfono de información á cidadanía 900 400 116.
Máis medidas en CUALTIS

Moitas grazas e desculpade as molestias ocasionadas

Apertas!

EQUIPA XARUMA