Nesta ocasión, organizamos o taller “Coidar sen romper: Xestionar a frustración nos coidados”, un espazo teórico-práctico deseñado para afondar na comprensión das emocións que xorden no día a día das tarefas de coidado. A través desta proposta, pretendemos abrir un lugar de reflexión compartida arredor da frustración, unha emoción habitual pero a miúdo silenciada, que pode aparecer tanto en contextos familiares como profesionais. Poñeremos o foco en identificar as súas causas, recoñecer como se manifesta e analizar o seu impacto no benestar das persoas coidadoras.
Durante a sesión, combinaremos contidos teóricos con dinámicas prácticas que facilitarán a participación activa das participantes. Crearase un ambiente seguro e de confianza no que compartir experiencias, expresar inquedanzas e aprender de xeito colectivo. Ademais, traballaremos diferentes estratexias e ferramentas útiles para xestionar a frustración, fortalecer o autocuidado e mellorar a calidade dos coidados.
En definitiva, será un espazo de encontro e aprendizaxe, pensado para construír coñecementos de maneira colaborativa, fomentar a empatía e contribuír ao desenvolvemento de prácticas de coidado máis sostibles, conscientes e respectuosas cunha mesma. Esperámosvos!
- Lugar: CSC José Saramago – Vite (Carlos Maside, 7 – VITE, SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- Líneas de autobús: C2, C4 y 5
- Data: martes 12 de maio
- Horario: de 17:00h ás 18:30h
- Público destinatario: aberto a toda persoa que poida estar interesada nesta formación
- Coste: de balde
Para facer a inscripción a esta formación cubre o siguiente formulario:


















