En Fiares Santiago, continuamos cunha nova sesión de Formación en Rede de Coidados. Nesta ocasión, contaremos coa colaboración das alumnas do Máster en Intervención Social e Comunitaria da Universidade de Santiago de Compostela, coas que organizaremos distintas mesas redondas para reflexionar e compartir arredor de varios temas clave dos coidados: o rol da persoa coidadora, o tempo libre ou a xestión emocional, entre outros.
Será un espazo participativo e dinámico, pensado para o intercambio de experiencias e a construción colectiva de aprendizaxes. Destas reflexións extraerase unha infografía que as persoas asistentes recibirán a posterior.
- Lugar: Centro Sociocultural José Saramago – Vite (Carlos Maside, 7 – VITE, SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- Líneas de autobús: C2, C4 y 5
- Data: martes 14 de abril
- Horario: de 17:00h ás 18:30h
- Público destinatario: aberto a toda persoa que poida estar interesada nesta formación
- Coste: de balde
Para facer a inscripción a esta formación cubre o siguiente formulario:
Grazas a estas accións, pretendemos seguir fortalecendo as redes de coidados.
Animádevos a participar!


















