O traballo con grupos de reflexión de homes e mulleres para a igualdade teñen por unha banda a finalidade e o propósito de mobilizar as estruturas estereotipadas en materia de xénero. Por outra banda o grupo pretende ser un espazo para a mellora das capacidades persoais.
Mediante este proxecto se pretende reflexionar sobre os roles e estereotipos de xénero centrados nas masculinidades, promover hábitos de vida saudable e fomentar o coidado propio e o alleo a través dunha metodoloxía vivencial, activa e participativa, onde todas as persoas participantes serán as protagonistas.
Neste proxecto abordaranse os seguintes contidos:
0- Xogos de coñecemento e cohesión grupal.
1- Qué significa ser home nesta sociedade e na miña familia? Estereotipos de xénero: Do home
tradicional ás novas masculinidades igualitarias.
2- O diario dos coidados: Alimentación, hixiene e exercicio.
3- Significados atribuídos ao consumo de sustancias aditivas a partir da experiencia familiar.
4- La violencia familiar: espectadores/actores da violencia na casa. A miña relación coas sustancias aditivas. Subxectividade e adicción desde a masculinidade hexemónica.
5- Violencia e masculinidade hexemónica: violencia contra un mesmo, contra as demais persoas e violencia contra as mulleres en particular.
6- Imaxe corporal e saúde.
7- O coidado de si propio e das demais persoas.
8- O Bo Trato. O contrato persoal e grupal polo bo trato.
Impartido por José Exposito
Formación sen custe para as persoas participantes. Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
