Un paso decisivo cara a igualdade real
O xoves 19 de setembro comezaremos a terceira edición do Obradoido de coidados e masculinidades en Vigo, onde se traballarán os diferentes contidos:
- Compoñentes da Comunicación.
- Comunicación verbal e non verbal.
- Comunicación efectiva = comunicación afectiva.
- Co- escoita. Instrución e execución e dereitos asertivos.
- Comunicación non violenta: Observación, recoñecemento dos sentimentos, identificacións das necesidades subxacentes e expresar unha solución negociable e empática.
Obxectivos:
- Promover unha comunicación de igual a igual
- Potenciar autoestima e o bo trato
- Favorecer a mellora das relacións a través da mellora comunicación interpersoal
- Fomentar unha comunicación asertiva
- Reflexionar sobre a masculinidade tradicional e o estilo comunicativo.
Participantes: Homes maiores de idade.
Datas: xoves 19 e 26 de setembro, 3,17,24 de outubro do 2024.
Horario: 16:45h a 20:00h, exceptuando o 24 de outubro de 17:00h a 20:00h.
Lugar: Local Xaruma.
Coste: gratutito
“Colabora o Servizo de Igualdade – Concello de Vigo”