O vindeiro 22 de setembro retomamos o Obradoiro de coidados e masculinidades, onde se traballarán os diferentes contidos:
1- Construcción da masculinidade represión emocional e as súas consecuencias
2- De volta cos dereitos asertivos
3- O mundo emocional aprendemos cales son as emocions e como identificalas
4- Que nos queren contar as emocións?. Aprendemos a ecoitalas en nós mesmos e nas demáis
persoas.
5- A expresión das emocións. Aprendemos a expresalas sen facernos dano nen facerllo ás demais
persoas.
6- A regulacion da Ira e da ansiedade
7- O traballo corporal como proceso de exploración e axuda na regulación emocional.
Os obxectivos deste obradoiro son:
- Reflexionar sobre como a socialización de xénero mantén aos homes nun estado de analfabetismo emocional. Represión emocional da socialización de xénero
- Saber que son as emocións e como recoñecelas nos demais.
- Aprender a clasificar as emocións.
- Modular e xestionar o nivel de emocionalidade.
- Desenvolver a tolerancia ante as frustracións da vida cotiá.
- Previr o consumo de substancias adictivas e outros comportamentos de risco.
- Desenvolver a resiliencia.
- Adoptar unha actitude positiva ante a vida.
- Previr conflitos interpersoais.
Datas: 22 e 29 de setembro, 6,13,20 de outubro.
Horario: 16:45h a 20:00h. Exceptuando o 20 de outubro de 17:00h a 20:00h
Lugar: Vigo (rúa Torrecedeira). Liñas de vitrasa: C3I , L10, C1, A, L15C e L5A
Impartido por: José Expósito Alcocer
Formación sen custe para as persoas participantes
Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo



















