O vindeiro 25 de xaneiro continuaremos co Obradoiro de Coidados e Masculinidades en Santiago de Compostela, onde se traballarán os diferentes contidos:
1- A SEXUALIDADE. 25 xaneiro
- Sexo, sexualidade e erótica.
- Anatomía e fisioloxía da sexualidade e Resposta sexual humana.
- As emocións e os sentimentos.
- Compoñentes actitudinais na sexualidade sans e nas machistas.
2- AS MASCULINIDADES DESDE A PERSPECTIVA DOS COIDADOS. 22 febreiro
- Masculinidades e sociacizacion de xénero: Avós, pais e fillos
- A saúde
- Os coidados propios
- Os coidados alleos
3- OS GRUPOS DE HOMES. 22 de marzo
- Escoita activa e pasiva. Técnica da Coescoita.
- Mitopoieticos
- Mens RightsAntisexistas ou profeministasTerapias masculinas
- Retórica dos novos varóns
OBXECTIVOS XERAIS
- Asentar un grupo de homes activo para tomar consciencia e construír colectivamente un discurso crítico, a través de dinámicas e xogos corporais, arredor da construción masculina na nosa sociedade, dos privilexios asociados e as violencias que exercemos.
- Acadar un Concello máis igualitario, onde sexa posible eliminar as barreiras que lles impiden ás mulleres levar a cabo as súas vidas con plenitude.
- Promover hábitos de vida saudable.
- Promover a autoestima e o bo trato.
- Promover a mellora das relacións através da educacion afectivo-sexual.
- Promover os coidados propios e alleos.
Impartido por: José Expósito Alcocer
Participantes: Homes maiores de idade.
Datas: sábados 25/01/2025, 22/2/2025 , 22/03/2025.
Horario: 10:00h-14:00h / 16:00h-18:00h.
Lugar: A Xuntanza, Asociación Veciñal. Rúa Corredoira das Fraguas, nº 37,Santiago de Compostela.
Custe: 35€ por módulo e persoa participante.
Aportación solidaria: 40-45€
Grupo mínimo 7 persoas
METODOLOXÍA
Será vivencial, activa e participativa onde as persoas que están no grupo son as protagonistas e principais beneficiarias do proxecto. Empregaremos técnicas como dinámicas grupais, xogos, lectura, visionado de vídeos e traballo corporal entre outras.
Cada unha das actividades está estruturada de tal xeito que permite desnaturalizar os roles que foron asumidos a partir da diferencia sexual en tanto que o xénero é unha construcción social que pode ser modificada. O xeito de abordar as temáticas e actividades será guiado, seguindo as liñas dos Grupos educativos e reflexivos orientados en tres coordenadas teóricas: A xenealoxía, a arqueoloxía e a deconstrución . A xenealoxía como método permite localizar a procedencia irracional dalgúns ditados de xénero que se teñen incorporado á mirada do presente como se fóse algo “natural”, o cal facilita a súa transformación.
Por outra banda, a arqueoloxía, ao igual que a arqueoloxía orixinal, permite dar conta de sucesos acaecidos no pasado a partir de seguir pegadas, trazos, rastros, que a diferencia da arqueoloxía orixinal, estas pegadas e trazos son discursivos, sociais, históricos, familiares e individuais. Neste senso, o percorrido arqueolóxico, posibilita que as persoas reescriban a súa historia derredor do internalizado con respecto ao xénero.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completos. Enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Tan só levase a cabo o obradoiro cun mínimo de 7 persoas.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta