UN PASO DECISIVO CARA A IGUALDADE REAL
O vindeiro 26 de outubro comezaremos a primeira edición do Obradoiro de coidados e masculinidades en Santiago de Compostela, onde se traballarán os diferentes contidos:
1. SABER GRUPAL. Sábado 26 outubro
- Definición de grupo.
- Os grupos aos que pertencemos.
- Roles de funcionamento grupal.
- Decálogo de funcionamento grupal.
- Solución negociada dos conflitos.
2. INTRODUCIÓN Á PERSPECTIVA DE XÉNERO. Sábado 16 de novembro
- O sistema sexo-xénero.
- Xénero e Sexismo.
- Roles sexistas poder e violencia.
3.MÓDULO DE TRABALLO CORPORAL. Sábado 21 decembro.
Obxectivos deste obradoiro son:
- Promover hábitos de vida saudable.
- Promover a autoestima e o bo trato.
- Promover a mellora das relacións a través da educación afectivo – sexual.
- Promover os coidados propios e alleos.
- Reflexionar sobre os privilexios
Impartido por: José Expósito Alcocer
Participantes: Homes maiores de idade.
Datas: sábados 26/10/2024, 16/11/2024 , 21/12/2024. Posibilidade de continuar un sábado ao mes en 2025. O recomendable e facer os tres módulos, pero existe a posibilidade de elixir un, dous o obradoiro completo.
Horario: 10:00h-14:00h / 16:00h-18:00h.
Lugar: A Xuntanza, Asociación Veciñal. Rúa Corredoira das Fraguas, nº 37,Santiago de Compostela.
Custe: 35€ por módulo e persoa participante. Prezo total obradoiro: 105 €.
Aportación solidaria: 40-45€
Grupo mínimo 7 persoas
FUNDAMENTACIÓN
O traballo con grupos de reflexión de homes para a igualdade ten por unha banda a finalidade e o próposito de mobilizar as estruturas esterotipadas en materia de xénero. Por outra banda o grupo pretende ser un espazo para o apoio e a mellora das capacidades persoais. Respostan á necesidade de indagar no persoal e polo tanto son lugares para o desubrimento de outros mundos a través das viviencias das demais persoas.
Nos grupos de reflexión cuestiónase a vida cotiá, o considerado como ” natural”, a inmobilidade dos roles asignados, analízanse as situacións ou motivos polos que acudiron na procura deste apoio.
O traballo previsto para este proxecto centra o seu enfoque nos coidados. Son unha das pedras angulares desde a perspectiva diferencial de xénero. Polo xeral os homes están moi alonxados do coidado propio e polo tanto alonxados ao tempo do coidado de terceiras persoas. Para poder coidar hai que saber coidarse.
As actividades propostas son fundamentalmente educativas e reflexivas, son un conxunto de accións con obxectivos específicos e estratexias, que operan baixo normas, regras e horarios preestablecidos, deseñadas en estreita relación coas capacidades e o momwnro bio psicosocial das persoas participantes e os obxectivos da xenealoxía, arqueoloxía e deconstrucción do xénero, tratando de incidir en diferentes áreas e ámbitos da súa personalidade co fin último de mellorar a saúde dun xeito integral.
Nalgúns espazos, entendeuse a perspectiva de xénero como algo que só concerne ás mulleres, porén, coa presente iniciativa poñemos en marcha esta perspectiva desde as masculinidades, así como da diversidade sexual no seu conxunto. Pensamos, que a simplificación de Home=Victimario e Muller=Víctima xeraliza diferenzas singulares indiscriminadamente.
O problema destas análises e que bloquean as saídas ao problema negando así a posibilidade de transformación. E por isto que pensamos que o enfoque de xénero aplicado ao traballo cos homes pode resultar positivo para mellora da calidade de vida individual e contribuir á extensión social da igualdade entre mulleres e homes.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completos. Enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Tan só levase a cabo o obradoiro cun mínimo de 7 persoas.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta