Nunha sociedade que avanza cara ao futuro, precisamos parar un momento e analizar as estruturas que sosteñen o noso día a día. Este obradoiro é un espazo de reflexión, debate e aprendizaxe compartida onde deconstruiremos os moldes que limitan o noso potencial e o noso benestar.
Ao longo da sesión abordaremos os contidos clave para comprender e transformar a nosa realidade a través dos seguintes temas:
- Roles e estereotipos de xénero: como se constrúen as expectativas sociais sobre o que significa “ser home” ou “ser muller” e de que maneira condicionan as nosas vidas.
- Profesións feminizadas e masculinizadas: analizaremos a fenda de xénero no mercado laboral e porque certas profesións seguen estando segregadas, especialmente no rol dos coidados.
- Os coidados e as mulleres como coidadoras: ao fío do anterior, visibilizaremos a carga histórica e social que supón o traballo de coidados, tradicionalmente asignado e sostido polas mulleres.
- Autocoidados, corresponsabilidade e transformación: aprenderemos a poñer o autocoidado no centro e a distribuír as tarefas e responsabilidades de forma xusta e equitativa como motor de cambio social.
- A ética dos coidados e a sostenibilidade da vida: reflexionaremos sobre un novo modelo social e económico que coloque a vida e o benestar das persoas no eixe de todo.
Animádevos!
- Lugar: CSC José Saramago – Vite (Carlos Maside, 7 – VITE, SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- Líneas de autobús: C2, C4 y 5
- Fecha: martes 16 de xuño
- Horario: de 17:00h ás 18:30h
- Público destinatario: abierto a toda persona que poida estar interesada nesta formación
- Coste: de balde
Para hacer la inscripción a esta formación cubre el siguiente formulario:


















