Se che gusta a lectura e queres pasar un rato agradable animámoste a que participes no club de lectura.

 

procedemento do noso club de lectura é sempre o mesmo. Comezamos cada libro facendo unhas actividades previas sobre a lectura (informámonos sobre a obra e o autor/a, intercambiamos opinións relativas as sensacións que espertan en nós tanto o título como a portada, etc.). Seguido disto, vamos facendo sesións quincenais onde intercambiamos ideas sobre o lido (por elección do grupo os libros leránse por partes). Unha vez remata a lectura a sesión final tratará de facer unha critica global da mesma así como aportar información complementaria (opinións, sensación, artículos de prensa, entrevistas ós autores/as, premios obtidos, etc.)

Deste xeito poderás utilizalos libros para acercarte a novos mundos e culturas e intercambiar a túa experiencia con outras persoas.

PRÓXIMO DÍA: 19 DE FEBREIRO

MALDITO KARMA – DAVID SAFIER

Non o dubides máis e inscríbete no formulario!!