Xaruma presenta CICLO DE EXPERIENCIAS SOCIAIS: Sesións mensuais de sensibilización e iniciativa social.

Mes a mes, diferentes entidades da contorna achegaranse ao noso local para mergullarnos en realidades diversas e compartir connosco a labor que levan a cabo.

O obxectivo desta proposta é crear e favorecer unha conciencia solidaria que apoie a construción dunha sociedade xusta e igualitaria.

Para alcanzar tal fin, nestas sesións darase visibilidade á distintos contextos e vivencias en situación de vulnerabilidade, así como as boas prácticas, que diferentes entidades sociais, ofrecen como resposta.

Procurase contribuír coa decostrución de preconceptos e crenzas, co combate de prexuízos e coa creación dun tecido sólido de redes.

Ao mesmo tempo, estas accións colaboran na creación dunha sociedade inclusiva e promoven actitudes positivas de respecto, solidariedade e tolerancia.

Polo tanto, consideramos que estes encontros deben ser abertos e dirixidos a toda a comunidade e non reducidas ás persoas participantes da asociación.

I) Sos Racismo Galicia: Racismo e Xenofobia en Galicia.

Iniciamos este mes, 27 de febreiro ás 17:00 horas, coa participación de SOS RACISMO GALICIA para tratar o seguinte tema: Racismo e Xenofobia en Galicia.

O obxectivo desta sesión é a concienciación e prevención sobre prexuízos e condutas discriminatorias e xenófobas.

II) Asociación Nós Mesmas: A dobre discriminación das mulleres do colectivo LGTBI.

No segundo encontro acompañarannos as compañeiras da Asociación NÓS MESMAS para falar e reflexionar sobre o seguinte tema: A dobre discriminación das mulleres do colectivo LGTBI. A finalidade desta sesión é contribuir e apoiar na erradicación da discriminación que segue existindo contra o colectivo LGTBI, e sobre todo, contra as mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais en Galicia e no mundo.

Esta sesión terá lugar o próximo venres 22 de marzo, ás 17:00 horas no local de Xaruma.

III) Fundación Secretariado Xitano: Antixitanismo en Galicia.

O III encontro do Ciclo de Experiencias Sociais é moderado pola Fundación Secretariado Gitano. Nesta sesión preséntannos as súas accións e a súa labor de apoio a comunidade xitana.

Estas reflexións permitiron comprender en maior medida o contexto da comunidade xitana, evitando os prexuízos e discriminacións que vivencian.

IV) Alcohólicos Anónimos e AI-Anón: Alcoholismo en Galicia.

O IV encontro do Ciclo de Experiencias Sociais foi liderado polo grupo de apoio de Alcohólicos Anónimos e AI-Anon.

Algunha das persoas que participa nesta acción preséntanos a súa realidade e o seu sentimento co grupo.

A reflexión sobre o consumo de alcohol e outras substancias, nunha sociedade no que está tan normalizado, tamén estivo moi presente entre todas as persoas asistentes..

V) Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos: Xénero e Violencia de Xénero.

No V encontro do Ciclo de Experiencias Sociais reflexionamos, da man da Rede de Mulleres, sobre a violencia de xénero.

A necesidade de acompañamento ás víctimas, os procesos de denuncias e as actividades de prevención tamén formaron parte do debate.

VI) Provivienda: O Dereito á Vivenda.

Durante a sexta edición deste Ciclo de Experiencias, a Asociación Provivienda nos acompaña para falar connosco da súa labor en relación á situación da vivenda en Vigo e no resto de Galicia.

Dende Provivienda, loitan pola integración das persoas comezando por garantizar o acceso á mesma.

Durante esta sesión falamos con eles e elas da crise de vivenda actual, a situación de senfogarismo na contorna de Vigo e a relación entre a suba de alugueres e o aumento de apartamentos turísticos na cidade.


Todos os recursos interesados en participar neste Ciclo de Experiencias Socias poden contactar connosco por vía telefónica ou correo electrónico.

Tamén aceptamos propostas de temáticas de interese para abordar nestas sesións. Do mesmo xeito, esperamos a participación activa da comunidade nesta iniciativa; todas as persoas son benvidas.