Se queres gozar duns días de lecer na nosacompaña apúntate a este campamento.
Será un campamento de 3 días para conciliar os horarios de traballo coas vacacións de entroido da rapazada de primaria.
Os horarios seran do luns 16 de febreiro ao mércores 18 de febreiro, de 9 a 14h con posibilidade de ampliar a madrugadores e xantar.
Os obxectivos deste campamento son:
- Dar opcións de ocio á rapazada para conciliar os horarios de traballo coas vacacións de entroido.
- Conectar rapazada con distintas idades e coñecerse.
- Aprender recursos creativos no tempo libre.
- Disfrutar dun ocio saudable lonxe das pantallas e usos habituais das redes sociais.
A metodoloxía será de formación presencial, de xeito interactivo e lúdico, cunha posta en común ao principio do obradoiro e outra ao rematar as actividades.
As actividades estarán organizadas en bloques de traballo por horas:
Día 1:
- 9 a 9:30: presentación e pequeno xogo de distensión.
- 9:30 a 11:30: papel reciclado e secado
- 11:30 a 12:30: elaboración de merenda saudable
- 12:30 a 14:00: elaboración de saquiños de aromáticas para levar a casa.
Día 2:
- 9 a 9:30: presentación e pequeno xogo de distensión.
- 9:30 a 11:30: creación de tapas para esqueixes e adornos con arxila rápida
- 11:30 a 12:30: elaboración de merendas saudables
- 12:30 a 14:00: recollida de papel reciclado e creación de estampados botánicos para levar a casa.
Día 3:
- 9 a 9:30: presentación e pequeno xogo de distensión.
- 9:30 a 11:30: pintado de elementos de arxila rápida para levar a casa
- 11:30 a 12:30: elaboración de merendas saudables
- 12:30 a 14:00: creación de pedras contacontos e xogo con elas.
Para inscribirte, simplemente deberás encher o seguinte formulario de inscrición e esperar a nosa confirmación.


















