Se precisas do servizo de conciliación familiar, queres crear lazos coas persoas do barrio, coñecer novas amizades, fomentar a creatividade e o respeto ao medioambiente. E sobre todo pasalo ben!

Idade: crianzas de 5/ 6 anos ata 12 anos

Temática: arte, movemento e medioambente

Datas: 23 de xuño ó 30 de xuño

Horario:

  • Campamento de 9- 14 horas
  • 8:30- 14:30 horas servizo madrugadores/as

Prezos:

Ordinario con horario de 9 a 14 hs: 70 €

Irmáns/ás con horario de 9 a 14 hs: 65 €

Madrugadores/as con horario  de 8:30 a 14:30 : 85 €

Irmáns/ás madrugadores/as horario  de 8:30 a 14:30 hs: 80 €

Actividades:

CORPO:

  • Yoga e Mindfulness
  • Danzas do mundo

ARTE:

  • Producción musical e impro
  • Land art (arte e natureza)
  • Música e radio
  • Muralismo e graffiti
  • Obradoiro de estampación, costura
  • Arte a través da historia e das artistas  

MEDIOAMBIENTE:

  • Reciclaxe e residuos
  • Horta

Reserva a praza ou prazas mediante este formulario. En canto o recibamos, poñerémonos en contacto contigo para solicitarche a seguinte documentación:

  1. Folla de inscrición.
  2. Protección de datos.

    Prevención da transmisión da COVID-19.

    Aplicaranse todas as medidas publicadas na ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

    3.26. Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

    Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.

    As actividades deberán realizarse no interior en grupos de ata seis persoas participantes e no exterior en grupos de dez participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.