O vindeiro sábado convidámosvos a acompañarnos na primeira xornada do
Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Sairemos de Vigo ás 11 da mañá en autobús cara a Baiona, para facer a
etapa Baiona- Nigrán.

Baiona- Ramallosa
Ramallosa -Nigrán

Faremos paradas para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos no camiño e pararemos a comer en ruta nun lugar ben fermoso.

A volta será ás 19h tamén en autobús.

Para anotarvos chamade ó teléfono: 698 175 266
Teremos acreditacións para selar no camiño e sorpresas para todas as persoas
participantes. Lembrade levar comida e bebida e roupa e calzado cómodos.
O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.

BO CAMIÑO

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia