O Sábado 17 de agosto seguiremos ca segunda etapa do Camiño portugués pola Costa. Sairemos as 11 da mañán dende o IES Santa Irene, collemos o autobús para Nigrán e alí nos acercaremos ó Km 120,520 (os que nos quedan para chegar a Santiago de Compostela), Onde rematamos a 1ª Etapa.

A primeira parte da Ruta polo Concello de Nigrán nos atoparemos cos Pazos de Urzaiz-Cadaval e o de Cea. Continuamos por camiños con vivendas mesturadas con cultivos.

Tramo Nigrán-Saiáns

Tramo Saiáns-Coruxo

Nesta étapa entramos no Concello deVigo pola parroquia de Oia e seguimos por Coruxo, onde remataremos xunto a Igrexa Románica de San Salvador de Coruxo. En total rondaremos os 9,3 km. Colleremos o autobús de volta para estar as 19 h en Praza América.

Ainda estás a tempo de unirte ó grupo, chama ó 698 175 266,
Temos acreditacións para selar no camiño e sorpresas para todas as persoas
participantes. Lembrade levar comida, bebida, roupa e calzado cómodos.
O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia