Bo día estimados/as compañeiros/as,
Un ano máis poñémonos en contacto con vos para convocarvos o sábado 6 de abril 2019 xa que levaremos a cabo a Asemblea Xeral Extraordinaria en Xaruma, na que, como socio/a, formas parte. Lugar: Local social (centro Gárate, Sanjurjo Badía 79)
Este será a orde do día:
1ª convocatoria: 18.30
2ª convocatoria: 19.00
- Café e visita aos espazos da entidade.
- Presentación do equipo Xaruma. (19:00).
- Lectura e Aprobación da acta anterior.
- Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercizo 2018.
- Aprobación das cuotas ordinarias e socios/as.
- Análise 2018 en imaxes
- Aprobación do Plan Actuación 2019 e Memoria de Xestión correspondente.
- Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
- Autorización solicitude tarxetas bancarias.
- Nomeamento da Xunta de Goberno.*
- Rogos e preguntas.
- Coloquio e pinchos.
Agradeceríamos confirmases a túa asistencia a través da páxina web:
https://xaruma.org/contacta/
Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.
Moitas grazas por facer este proxecto posible!
Apertas
Director Xaruma