Convocada a Asemblea Xeral do 2021 para o día 13 de marzo.
18:00 h. Primeira convocatoria.
18:30 h. Segunda convocatoria.
Recordamos que a primeira convocatoria tan só se realizará en caso de que estean todas as persoas socias presentes.
Orde do día:
Orde do día
- Presentación do equipo Xaruma.
- Lectura e Aprobación da acta anterior.
- Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercizo 2020.
- Aprobación das cotas ordinarias e socios/as.
Análise 2020 - Aprobación do Plan Actuación 2021 e Memoria de Xestión correspondente.
- Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
- Autorización solicitude tarxetas bancarias.
- Nomeamento da Xunta de Goberno.*
- Rogos e preguntas.
A asemblea realizarase de forma presencial na sede de Xaruma e retransmitirase en vivo pola aplicación Meet, que non necesita instalación previa. Enviarase unha mensaxe co enlace ás persoas socias ese mesmo día. Do mesmo xeito, publicaremos aquí o enlace da reunión.
As persoas que non poidan conectarse, poden vir presencialmente á entidade, na que habilitaremos diferentes aulas para poder seguir a reunión de forma telemática (en caso de ter superado o aforo na aula principal).
Se non vas a poder asistir ese día, podes delegar o teu voto a unha persoa asistente presencial mediante este documento.
Respectaranse todas as normas de prevención da COVID. É obrigatorio o uso de mascarilla e desinfección de mans ao entrar.
Por circunstancias de aforo, requírese confirmación de asistencia.
Moitas grazas por facer posible Xaruma!
Agardámoste!