O 14 de marzo de 2026 realizaremos a Asemblea Xeral no centro da rúa Torrecedeira 66, Vigo.

17.30 horas: Primeira convocatoria

18.30 horas: Segunda convocatoria

Orde do día

  1. Presentación do equipo Xaruma. 
  2. Lectura e Aprobación da acta anterior.
  3. Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercicio 2025 auditadas.
  4. Análise 2025.
  5. Aprobación das cotas ordinarias e socios/as.
  6. Aprobación do Plan Actuación 2026 e Memoria de Xestión correspondente.
  7. Exposición da situación para a compra do actual local da entidade. Aprobación da compra.
  8. Ratificación da entrada en Coop57, cooperativa de servizos financeiros.
  9. Explicación e aprobación, se procede, da solicitude de préstamo a Coop 57, para a compra do local.
  10. Explicación, se procede, da necesidade de avais mancomunados.
  11. Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
  12. Autorización solicitude tarxetas bancarias.
  13. Nomeamento da Xunta de Goberno.*
  14. Rogos e preguntas.

Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.

Se non vas a poder asistir ese día, podes delegar o teu voto a unha persoa asistente presencial mediante o documento que se pode descargar premendo no seguinte botón.