Convocada a Asemblea Xeral do 2024 para o día 16 de marzo.

18:30 horas: Primera convocatoria

19:00 horas: Segunda convocatoria

Recordamos que a primeira convocatoria tan só se celebrará en caso de que estean todas as persoas socias. En caso negativo, esperaremos á segunda convocatoria.

Orde do día Asemblea Xeral Ordinaria

  1. Presentación do equipo Xaruma.
  2. Lectura e Aprobación da acta anterior.
  3. Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercicio 2023 auditadas.
  4. Aprobación das cotas ordinarias e socios/as.
  5. Análise 2023
  6. Aprobación do Plan Actuación 2024 e Memoria de Xestión correspondente.
  7. Autorización para a solicitude de subvencións e axuda das administracións públicas e privadas.
  8. Autorización solicitude tarxetas bancarias.
  9. Nomeamento da Xunta de Goberno.*
  10. Rogos e preguntas.

Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.

A asemblea realizarase de forma presencial no local de Xaruma.

Se non vas a poder asistir ese día, podes delegar o teu voto a unha persoa asistente presencial mediante o documento que se pode descargar premendo no seguinte botón.

Por circustancias de aforo, requírese confirmación de asistencia no correo xestionxaruma@gmail.com ou no número 698 142 158 (whatsapp ou chamada) indicando nome e apelidos.

Moitas grazas por facer posible Xaruma