Estimado/a socio/a,
O 18 de marzo de 2023 realizaremos a Asemblea Xeral en Xaruma.
18.30 horas: Primeira convocatoria
19.00 horas: Segunda convocatoria
Recordamos que a primeira convocatoria tan só se celebrará en caso de que estean todas as persoas socias. En caso negativo, esperaremos á segunda convocatoria.
Orde do día Asemblea Xeral Ordinaria
- Presentación do equipo Xaruma.
- Lectura e Aprobación da acta anterior.
- Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercicio 2022 auditadas.
- Aprobación das cotas ordinarias e socios/as.
- Análise 2022.
- Aprobación do Plan Actuación 2023 e Memoria de Xestión correspondente.
- Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
- Autorización solicitude tarxetas bancarias.
- Nomeamento da Xunta de Goberno.*
- Rogos e preguntas.
Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.
Orde do día Asemblea Xeral Extraordinaria
- Aprobación modificación dos estatutos
A asemblea realizarase de forma presencial na sede de Xaruma.
Se non vas a poder asistir ese día, podes delegar o teu voto a unha persoa asistente presencial mediante o documento que se pode descargar premendo no seguinte botón.
Por circunstancias de aforo, requírese confirmación de asistencia no correo xarumaorg@gmail.com ou no número 698 142 158 (whatsapp ou chamada) indicando nome e apelidos.
Moitas grazas por facer posible Xaruma!
Apertas!
Xaruma