Se eres socio/a de Xaruma e queres participar na Asemblea Xeral de Xaruma, esperámoste o domingo 28 de xuño en Xaruma (Centro Gárate, Sanjurjo Badía 79, Vigo)

1ª convocatoria: 19.00

2ª convocatoria: 19.30

Recordamos que a primeira convocatoria tan só se celebrará en caso de que estean todas as persoas socias. En caso negativo, esperaremos á segunda convocatoria.

Orde do día

  1. Presentación do equipo Xaruma.
  2. Lectura e Aprobación da acta anterior.
  3. Exposición e aprobación dos balances e das contas anuais do exercizo 2019.
  4. Aprobación das cuotas ordinarias e socios/as.
    Análise 2019 en imaxes
  5. Aprobación do Plan Actuación 2020 e Memoria de Xestión correspondente.
  6. Autorización para a solicitude de subvencións e axudas das administracións públicas e privadas.
  7. Autorización solicitude tarxetas bancarias.
  8. Nomeamento da Xunta de Goberno.*
  9. Rogos e preguntas.
  10. Coloquio.

Artigo 23.-*Xaruma será xestionada e representada por unha Xunta de Goberno formada por un director/a, un secretario/a, un tesoureiro/a e un coordinador/a por cada un dos niveis educativos. Tódolos cargos que compoñen a Xunta de Goberno só poderán ser remunerados, previa aprobación desta circunstancia pola Asemblea Xeral ordinaria. Os cargos serán designados e revocados de xeito democrático pola Asemblea Xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración dun ano, podendo ser obxecto de reelección de xeito indefinido.

Respectaranse todas as normas de prevención do COVID.

Obrigatorio o uso de mascarilla e desinfección de mans ao entrar.

Por circunstancias de aforo, requírese confirmación de asistencia.

Moitas grazas por facer posible Xaruma!

Agardámoste!