Aproveitando a celebración do “Día do libro” o 23 de abril, realizaremos un proxecto no Centro escolar da creación e gravación colectiva dun “Fanzine” (“Magazine, ou revista, creada por persoas aficionadas”) feito por nenos e nenas.

Esta sesión dividirémola en dúas partes:

1. Obradoiro de “Contacontos” onde ensinaremos ao alumnado cómo performatear a lectura oral dunha historia. Aproveitaremos diferentes relatos relacionados coa diversidade mental, a migración e outras situacións de exclusión social, redactados por participantes da Asociación Xaruma e Provivienda. 

O obxectivo desta actividade é falar con naturalidade sobre distintas realidades para a¡unha verdadeira integración e a transformación social e fomentar o interese pola lectura e escritura coma medio de ocio e terapia personal. Ademáis conectaremos o proxecto de Radio Escolar do propio Centro coa Radio Comunitaria “Radio Maruxa”.

2. Obradoiro de escritura creativa: Creación dun conto ou relato grupal sobre a exlusión social e cun final transformador.

3. Actividade de debuxo para ilustrar cada fragmento.

4. Actividade de Radio onde gravaremos a lectura grupal do conto creado pola clase.

O obradoiro rematará coa creación dos diferentes materiais para publicar na Web escolar en homenaxe “O día do libro”:

  • Publicación dos “Podcast” na Radio Escolar cos relatos de cada clase.
  • Creación dun “Audio Libro” coas diferentes historias e debuxos.
  • Creación dun exemplar en formato dixital (PDF) para poder compartir coas familias.
  • Impresión dun formato en papel para gardar un exemplar nas bibliotecas das aulas.

Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato

Número de participantes: Máximo 25

Duración: Dúas sesións de 50 minutos

Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa