Martes, 28 de novembro de 2023 de 16:00h a 18:00h
Xoves, 30 de novembro de 2023 de 18:00h a 20:00h
LOCALIZACIÓN: Local da Asociación Itínera e cafetería Santiago de Compostela
Obxectivos
● Aplicar os coñecementos relacionados co uso de TICs, en xestións e actividades da vida diaria como a elaboración de menús ou a lista da compra.
● Realizar un apoio máis individualizado con persoas que o precisen.
● Ofrecer un espazo no que resolver dúbidas relacionadas coas TICs de xeito distendido.
Descrición da actividade
A actividade divídese en dúas sesións de dúas horas cada unha. Durante a primeira sesión, que terá lugar o martes 28, as tres persoas participantes empregarán diferentes dispositivos (un ordenador portátil e os seus propios teléfonos móbiles) para elaborar o menú semanal, realizar a lista da compra, buscar ofertas e comparar prezos dos productos en diferentes supermercados. Esta sesión terá lugar no Local da Asociación Itínera.
A sesión do xoves 30 está destinada a realizar un apoio máis individualizado a unha persoa que precisa orientacións para buscar receitas en internet e coñecer e manexar aplicacións no móbil relacionadas coa a alimentación e a xestión do tempo. Terá lugar nunha cafetería, co fin de crear un espazo máis distendido e informal para resolver dúbidas e ofrecer orientacións.